Mostrando entradas con la etiqueta google. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta google. Mostrar todas las entradas

22 mar 2010

Google probará esta semana Chrome OS, o seu novo sistema operativo

Despois do grandísimo éxito con Android, unha plataforma para móbiles, o maior buscador está ultimando os detaies para a chegada ao mercado do sistema operativo, Chrome OS. Será lanzado ao longo de esta semana en versións de probas.
É a gran aposta de Google para os ordenadores de sobremesa e portátiles, e será un gran contrincante no mercado
Antes do comezo do verán de 2010 a compañía espera que este novo sistema operativo esté instalado en tódolos netbooks (portátiles de baixo coste). Google, xa traballa con moitas de estas marcas como poden ser Asus, Acer, Toshiba, HP, etc.
Pretenden que Chrome OS  sexa rápido, sencillo e seguro.

15 dic 2009

9 nov 2009

Google con problemas en China

Google, o maior buscador de Internet é acusado de escanear 20.000 obras sen permiso, cerca de 50 autores esixen que se desculpe. A Sociedade de Dereitos da Propiedade Intelectual afirma que foron copiadas 17.992 obras, de 520 escritores diferentes, e publicáronse en Google Books.

A voz de alarma apareceu a finais do mes de outubro en China. A pesares de todo, Google, intenta necociar cos escritores e as editoriais para que permitan a dixitalización de millóns de libros. 
Google, dende o ano 2004 leva dixitalizados 10 millóns de libros, aínda que os autores defenden que co simple feito de escanealos xa están violando a súa privacidade, a compañía sen embargo, cree que é unha gran iniciativa para que reciban unha maior proxección.
A Sociedade de Dereitos da Propiedade Intelectual de China pretende que Google se desculpe, e admita a súa infracción.