Mostrando entradas con la etiqueta antivirus. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta antivirus. Mostrar todas las entradas

5 nov 2009

A pandemia chega aos ordenadores


Os humanos hoxe en día vivimos alarmados pola coñecida Gripe A, unha pandemia que ao fin e o cabo é unha gripe máis contaxiosa.
Os ordenadores forman parte das nosas vidas, e tamén sofren pandemias. Segundo un estudo un 44,49 dos ordenadores españoles están vixiados por hackers, este dato pon na cabeza do ranking mundial a España. Os ordenadores máis infectados son os de Madrid, Barcelona e seguidamete Sevilla. España é seguida por Estados Unidos cun 14.41%, México 9.37% e Brasil cun 4.81%, os menos afectados son Perú, Holanda e Suecia.
Como evitar este problema? Ben, esta é unha pregunta moi frecuente, para que os virus, vermes, troianos, o envío de spam, e outros desaparezan debemos ter instalado no noso ordenador un bo antivirus, xa que ter un antivirus non implica ter un eficiente antivirus, tamen existen os "falsos antivirus", que son empregados polos hackers facilitandolle así o seu "traballo". Polo tanto, hoxe en día, se non queremos ser infectados debemos de tomar medidas coa instalación dun antivirus fiable (Panda, Kaspersky, BitDefender,...) e actualizalo a miúdo.