16 jun 2010

1 jun 2010

Conxuro da queimada!

Dende audacity, esta vez co conxuro da queimada galega, espero que vos guste!


Ir a descargar

Conxuro:


Mouchos, coruxas, sapos e bruxas.
Demos, trasgos e diaños,
espritos das neboadas veigas.
Corvos, píntigas e meigas,
feitizos das manciñeiras.
Podres cañotas furadas,
fogar dos vermes e alimañas.

Lume das Santas Compañas,
mal de ollo, negros meigallos,
cheiro dos mortos, tronos e raios.

Oubeo do can, pregón da morte;
fuciño do sátiro e pe do coello.
Pecadora lingua da mala muller
casada cun home vello.

Averno de Satán e Belcebú,
lume dos cadáveres ardentes,
corpos mutilados dos indecentes,
peidos dos infernais cus,
muxido da mar embravescida.
Barriga inútil da muller solteira,
falar dos gatos que andan á xaneira,
guedella porca da cabra mal parida.

Con este fol levantarei as chamas
deste lume que asemella ao do Inferno,
e fuxirán as bruxas a cabalo das súas escobas,
índose bañar na praia das areas gordas.
¡Oíde, oíde! os ruxidos que dan
as que non poden deixar de queimarse
no augardente quedando así purificadas.

E cando este brebaxe baixe polas nosas gorxas,
quedaremos libres dos males da nosa ialma
e de todo embruxamento.

Forzas do aire, terra, mar e lume,
a vós fago esta chamada:
si é verdade que tendes máis poder que a humana xente,
eiquí e agora, facede cos espritos dos amigos que están fóra,
participen con nós desta queimada.

Música: Luar na Lubre, Susana Seivane, Milladoiro.

10 may 2010

Formatos de audio

WAV, (Waveform Audio Format). É un formato dixital sen compresión de datos, o cal quere dicir que non reduce o volumen da información a tratar. 
Admite archivos mono e estéreo. Este formato é relativamente parecido ao formato AIFF, empregado por Macintosh. é propiedade de
WAV, pode soportar case calquera códec de audio, e ao non perder calidade é empregado por moitos profesionais. Sen embargo en Internet non é popular, xa que os archivos sen comprensión, xeralmente son moi grandes, e non é práctico en internet non é practico, xa que o usuario o que busca a maioria das veces é rapidez. Para iso utilízase o formato MP3, ou Ogg . A extensión do arquivo para o formato estándar, .wav.

AIFF (Audio Interchange File Format) Empregado para almacenar datos de son. Os datos non están comprimidos, almacénanse en big-endian. AIFF, e o formato líder xunto a SDII e WAV, a diferencia do coñecido formato de perda de son MP3. Está comprimido sen perda de datos, o que supón unha desvantaxe que é o espazo que supón no disco; ao redor de 10MB por minuto de audio estéreo. As extensións do arquivo para o formato estándar AIFF é .aiff ou .aif; para as variantes comprimidas é .aifc. 

MP3 é unha abreviatura para MPEG-1 Audio Layer 3, trátase dun formato de compresión dixital. O obxetivo é claro, reducir a cantidade de espazo ocupado nun medio dixital para almacenar grabacions, sen perder a calidade do son. Un exemplo disto, e que nun CD MP3 pódense almacenar moitos máis sons que nun CD con música no formato tradicional.

Ogg (Ogg Vorbis) é un formato de arquivo contenedor multimedia, desenrolado pola Fundación Xiph.org. Ten unha compresión con perda de son, e dicir, recorta a parte da información sonora, polo tanto apreciase claramente que a calidade e moi inferior. 
A gran diferenza en deseño sobre outros formatos é que se trata dun contenedor orientado a stream, o cal quere dicir que pode ser escrito e lido nun só paso, facendoo adecuado para streaming en internet.

WMA (Windows Media Audio) Este formato, ten compresión de audio con pérdida, aínda que fai pouco tempo se comezou a desenvolver a compresión sen perda. WMA, propiedade de Microsoft, compite con MP3, e Ogg. Este formato posee unha infraestructura para protexer o Copyright, e facer máis complicado o tŕafico nas redes P2P.


Fontes de información: Wikipedia
Imaxes dende google: Primeira imaxen
                                  Segunda imaxen

4 may 2010

Camiño de Santiago

Segundo traballo con Audacity, esta vez é un montaxe de voz e música clásica. Subido a web novamente con Ivoox.



27 abr 2010

Podcast subido con Ivoox

Este e o primeiro traballo que presento empregando o programa Audacity.




Cancións:

Herdeiros da Crus - Pero que ghallo é!
The White Stripers - Seven Nation Army
Queen - I want to break free
Queen- Bohemian Rhapsody
Rolling Stones - Satisfaction
AC-DC - High way to hell
Metallica - Frantic
Pink Floid - Another Brick In The Wall



Espero que vos guste!

22 mar 2010

Google probará esta semana Chrome OS, o seu novo sistema operativo

Despois do grandísimo éxito con Android, unha plataforma para móbiles, o maior buscador está ultimando os detaies para a chegada ao mercado do sistema operativo, Chrome OS. Será lanzado ao longo de esta semana en versións de probas.
É a gran aposta de Google para os ordenadores de sobremesa e portátiles, e será un gran contrincante no mercado
Antes do comezo do verán de 2010 a compañía espera que este novo sistema operativo esté instalado en tódolos netbooks (portátiles de baixo coste). Google, xa traballa con moitas de estas marcas como poden ser Asus, Acer, Toshiba, HP, etc.
Pretenden que Chrome OS  sexa rápido, sencillo e seguro.