15 dic 2009

9 nov 2009

Google con problemas en China

Google, o maior buscador de Internet é acusado de escanear 20.000 obras sen permiso, cerca de 50 autores esixen que se desculpe. A Sociedade de Dereitos da Propiedade Intelectual afirma que foron copiadas 17.992 obras, de 520 escritores diferentes, e publicáronse en Google Books.

A voz de alarma apareceu a finais do mes de outubro en China. A pesares de todo, Google, intenta necociar cos escritores e as editoriais para que permitan a dixitalización de millóns de libros. 
Google, dende o ano 2004 leva dixitalizados 10 millóns de libros, aínda que os autores defenden que co simple feito de escanealos xa están violando a súa privacidade, a compañía sen embargo, cree que é unha gran iniciativa para que reciban unha maior proxección.
A Sociedade de Dereitos da Propiedade Intelectual de China pretende que Google se desculpe, e admita a súa infracción.



5 nov 2009

A pandemia chega aos ordenadores


Os humanos hoxe en día vivimos alarmados pola coñecida Gripe A, unha pandemia que ao fin e o cabo é unha gripe máis contaxiosa.
Os ordenadores forman parte das nosas vidas, e tamén sofren pandemias. Segundo un estudo un 44,49 dos ordenadores españoles están vixiados por hackers, este dato pon na cabeza do ranking mundial a España. Os ordenadores máis infectados son os de Madrid, Barcelona e seguidamete Sevilla. España é seguida por Estados Unidos cun 14.41%, México 9.37% e Brasil cun 4.81%, os menos afectados son Perú, Holanda e Suecia.
Como evitar este problema? Ben, esta é unha pregunta moi frecuente, para que os virus, vermes, troianos, o envío de spam, e outros desaparezan debemos ter instalado no noso ordenador un bo antivirus, xa que ter un antivirus non implica ter un eficiente antivirus, tamen existen os "falsos antivirus", que son empregados polos hackers facilitandolle así o seu "traballo". Polo tanto, hoxe en día, se non queremos ser infectados debemos de tomar medidas coa instalación dun antivirus fiable (Panda, Kaspersky, BitDefender,...) e actualizalo a miúdo.

3 nov 2009

Presentación sobre sistemas operativos

A presentación que seguidamente veredes, trata os sistemas operativos que actualmente se empregan. Poderedes atopar gráfias, a historia de cada sistema... Invítovos a vela!

28 oct 2009

Benvidos!!!


Bos días a todos!
Imos primeiro cunha pequena presentación, chámome Rebeca, estudo Bacharelato no IES Manuel García Barros, nunha vila preto de Santiago.
Hoxe, mércores 28 de outubro, comezo unha nova aventura coa creación deste blog. Será un traballo de clase, da asignatura de TIC, no que intentarei poñer as novas das TIC, opinións das noticias máis chamativas que atope nos xornais. Non será cousa miña que este blog saia adiante, vos, espero contar cos vosos comentarios acerca das novas tecnoloxías.

Un saúdo, ata pronto.
Enlace